xoves, 25 de xuño de 2026

SAÍDA Á ILLA DE CORTEGADA

 VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA!

Para rematar o curso fixemos unha saída marabillosa á illa de Cortegada! Esta illa forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas. Está comunicada na baixamar con Carril, por un camiño que se denomina Camiño do Carro.

Nesta visita ademáis de desfrutar dun día de moita calor e xogos na praia, puidemos coñecer, relacionado co noso Proxecto de Centro: "As árbores", un dos bosques de loureiros máis grandes de Europa. Tamén puidemos ver unha enorme carballeira e unha morea de piñeiros... de feito, fixemos unha rota de 2 horas atravesando un denso bosque cheo de árbores e vexetación.

Por descontado, non nos esquecemos da viaxe en barco, que foi o máis emocionante e divertido da visita.








mércores, 3 de xuño de 2026

VISITA Á FINCA DE LOURIZÁN

 VISITA GUIADA Á FINCA DE LOURIZÁN.

O luns o alumnado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria, visitamos a finca de Lourizán. 
Co gallo do PDI para este curso: "As árbores",  afondamos no coñecemento, coidado e desfrute das árbores da finca. Había árbores xa coñecidas por nós coma: castiñeiros, piñeiros, carballos, abetos, etc. pero tamén tivemos ocasión de coñecer outras novas coma: as secuoias, olmos, acacias, plátanos, etc.
Asemade, na visita non só tivemos ocasión de desfrutar das árbores, tamén tivemos sorpresas coma: a cova dos espellos, a fonte de boca de peixe, o pasadizo escuro, a cortina de auga, a poza das troitas, unha mesa de pedra xigante e un invernadoiro con nenúfares, ras e peixiños que nos deixaron a todas e todos abraiados.
Xusto antes de rematar a visita, merendamos debaixo das árbores típicas das Comunidades Autónomas de España. 
Canto aprendemos e que ben o pasamos!

                         

                                       

                                     
 
                                      











luns, 25 de maio de 2026

CORRELINGUA

 A FESTA DO GALEGO: CORRELINGUA

 O xoves 21 de maio celebrouse na alameda de Pontevedra a festa do galego: CORRELINGUA. Unha morea de centros educativos xuntámonos para homenaxear ao noso idioma. O lema deste ano foi: CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN! 
Pásamolo de marabilla!  Ata nos deron un diploma de participación! 

FIXEMOS UN PERCORRIDO POLA CIDADE...



CO  NOSO CARTAZ CO NOME DO COLE...



 CHEGAMOS Á ALAMEDA...




ONDE  XOGAMOS CUN DRAGÓN ...



QUE NON METÍA NADA DE MEDO!!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das LETRAS GALEGAS  adicouse á escritora, xornalista e activista BEGOÑA CAAMAÑO. A nivel profesional, destacou polo seu traballo na Radio Galega, polo seu compromiso feminista e pola súa marabillosa, aínda que tardía, obra narrativa, destacando a súa obra "Circe ou o pracer azul".

 Neste curso, o día das LETRAS GALEGAS cadrou na fin de semana así que no cole celebramos esta festa o día 22 de maio.

Obviamente dedicamos a semana anterior a coñecer a vida e obra da homenaxeada e o día 22, como remate,  fixemos unha fantástica merenda nunha carballería preto do cole, con aportacións das familias, do centro Príncipe Felipe e do proprio centro educativo. Comemos: tortillas, empanadas, bica, torta de améndoas, filloas, etc. Todo estaba riquísimo! Grazas a todas e todos pola colaboración!

A ver que vos parecen as fotos...

A CARBALLEIRA...







A MERENDA...









luns, 4 de maio de 2026

FESTA DOS MAIOS


CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA!

O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comunidade Educativa: alumnado, mestras e mestres,  educadoras e educadores e persoal de servizos ( Merchi e Zabaleta). Foi un traballo en equipo que fomos quen de levar a cabo pouco a pouco ao longo de toda a mañán. 

Primeiro, as nenas e nenos de Primaria, vestiron con fiunchos a estrutura que daba forma ao noso maio. 

O alumnado de Infantil encargouse de facer os colares de pampullos.

Os maiores puxeron as flores e o remate do maio en forma de pulpo, en homenaxe a nosa mascota da biblioteca, a PULPA DARÍA. 

Ao longo da semana, en cada clase fixeramos as coplas que habiamos de cantar o día da festa.

Coas flores e pampullos que nos sobraron, o alumnado de infantil ainda fixeron unha mandala...

E por suposto, non nos esquecemos de poñer na porta do cole a xesta como manda a tradición para non andar "amaiadas" todo o ano...

Foi un día moi, moi divertido onde  puxemos en valor a nosa tradición e a nosa creatividade. 

A ver que vos parecen as imaxes...

                           O FIUNCHO...

                          OS COLARES...     






O NOSO MAIO...





A MANDALA...


A XESTA NA PORTA  DO COLE...




















luns, 20 de abril de 2026

MUNDO BECHOS.

  COMO NOS GUSTAN OS BECHOS!

O venres, 17 de abril tivemos unha visita moi, moi especial no cole. Miguel, un biólogo especialista en zooloxía, deixounos abraiados con toda a información que nos deu sobre os artrópodos e sobre todo, deixándonos tocar unha morea destes bechos. Pasamos un pouco de medo con algúns deles pero pagou a pena porque aprendemos moitas cousas sobre a importancia que teñen na natureza. Asemade, puidemos preguntar todas as dúbidas que tiñamos sobre os bechos pao que criamos no cole. Foi moi emocionante!



Becho pao





                                                             Araña


Becho folla


Bolboreta


Cangrexo de bosque


Escorpión


Mantis


Milpés


Saltón


Larva de escarabello




DIA DAS ARTES

 DÍA DAS ARTES. JOSÉ SUÁREZ.

Este ano a Real Academia Galega de Belas Artes escolleu ao fotógrafo JOSÉ SUÁREZ como protagonista do Día das Artes Galegas. José Suárez foi un fotógrafo destacado e singular dentro da fotografía histórica galega. É autor de reportaxes fotográficas sobre actividades profesionais galegas: oleiros, telleiros, segadores, mariñeiros e romeiros.

Nós na clase, vimos moitas das súas fotografías e gustounos tanto que decidimos facerlle unha homenaxe creando con materiais de refugallo a nosa propria cámara de fotos semellante á Nokia do artista.

Aí vos quedan as fotos do noso traballo a ver que vos parecen.










SAÍDA Á ILLA DE CORTEGADA

  VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA! Para rematar o curso fixemos unha saída marabillosa á illa de Cortegada! Esta illa forma parte do parque na...