luns, 25 de maio de 2026

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das LETRAS GALEGAS  adicouse á escritora, xornalista e activista BEGOÑA CAAMAÑO. A nivel profesional, destacou polo seu traballo na Radio Galega, polo seu compromiso feminista e pola súa marabillosa, aínda que tardía, obra narrativa, destacando a súa obra "Circe ou o pracer azul".

 Neste curso, o día das LETRAS GALEGAS cadrou na fin de semana así que no cole celebramos esta festa o día 22 de maio.

Obviamente dedicamos a semana anterior a coñecer a vida e obra da homenaxeada e o día 22, como remate,  fixemos unha fantástica merenda nunha carballería preto do cole, con aportacións das familias, do centro Príncipe Felipe e do proprio centro educativo. Comemos: tortillas, empanadas, bica, torta de améndoas, filloas, etc. Todo estaba riquísimo! Grazas a todas e todos pola colaboración!

A ver que vos parecen as fotos...

A CARBALLEIRA...







A MERENDA...









Ningún comentario:

Publicar un comentario

VISITA Á FINCA DE LOURIZÁN

  VISITA GUIADA Á FINCA DE LOURIZÁN. O luns o alumnado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria, visitamos a finca de ...