luns, 4 de maio de 2026

FESTA DOS MAIOS


CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA!

O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comunidade Educativa: alumnado, mestras e mestres,  educadoras e educadores e persoal de servizos ( Merchi e Zabaleta). Foi un traballo en equipo que fomos quen de levar a cabo pouco a pouco ao longo de toda a mañán. 

Primeiro, as nenas e nenos de Primaria, vestiron con fiunchos a estrutura que daba forma ao noso maio. 

O alumnado de Infantil encargouse de facer os colares de pampullos.

Os maiores puxeron as flores e o remate do maio en forma de pulpo, en homenaxe a nosa mascota da biblioteca, a PULPA DARÍA. 

Ao longo da semana, en cada clase fixeramos as coplas que habiamos de cantar o día da festa.

Coas flores e pampullos que nos sobraron, o alumnado de infantil ainda fixeron unha mandala...

E por suposto, non nos esquecemos de poñer na porta do cole a xesta como manda a tradición para non andar "amaiadas" todo o ano...

Foi un día moi, moi divertido onde  puxemos en valor a nosa tradición e a nosa creatividade. 

A ver que vos parecen as imaxes...

                           O FIUNCHO...

                          OS COLARES...     






O NOSO MAIO...





A MANDALA...


A XESTA NA PORTA  DO COLE...




















Ningún comentario:

Publicar un comentario

FESTA DOS MAIOS

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA! O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comuni...