luns, 25 de maio de 2026

CORRELINGUA

 A FESTA DO GALEGO: CORRELINGUA

 O xoves 21 de maio celebrouse na alameda de Pontevedra a festa do galego: CORRELINGUA. Unha morea de centros educativos xuntámonos para homenaxear ao noso idioma. O lema deste ano foi: CO GALEGO NO CORAZÓN, FACEMOS REVOLUCIÓN! 
Pásamolo de marabilla!  Ata nos deron un diploma de participación! 

FIXEMOS UN PERCORRIDO POLA CIDADE...



CO  NOSO CARTAZ CO NOME DO COLE...



 CHEGAMOS Á ALAMEDA...




ONDE  XOGAMOS CUN DRAGÓN ...



QUE NON METÍA NADA DE MEDO!!!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o día das LETRAS GALEGAS  adicouse á escritora, xornalista e activista BEGOÑA CAAMAÑO. A nivel profesional, destacou polo seu traballo na Radio Galega, polo seu compromiso feminista e pola súa marabillosa, aínda que tardía, obra narrativa, destacando a súa obra "Circe ou o pracer azul".

 Neste curso, o día das LETRAS GALEGAS cadrou na fin de semana así que no cole celebramos esta festa o día 22 de maio.

Obviamente dedicamos a semana anterior a coñecer a vida e obra da homenaxeada e o día 22, como remate,  fixemos unha fantástica merenda nunha carballería preto do cole, con aportacións das familias, do centro Príncipe Felipe e do proprio centro educativo. Comemos: tortillas, empanadas, bica, torta de améndoas, filloas, etc. Todo estaba riquísimo! Grazas a todas e todos pola colaboración!

A ver que vos parecen as fotos...

A CARBALLEIRA...







A MERENDA...









luns, 4 de maio de 2026

FESTA DOS MAIOS


CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA!

O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comunidade Educativa: alumnado, mestras e mestres,  educadoras e educadores e persoal de servizos ( Merchi e Zabaleta). Foi un traballo en equipo que fomos quen de levar a cabo pouco a pouco ao longo de toda a mañán. 

Primeiro, as nenas e nenos de Primaria, vestiron con fiunchos a estrutura que daba forma ao noso maio. 

O alumnado de Infantil encargouse de facer os colares de pampullos.

Os maiores puxeron as flores e o remate do maio en forma de pulpo, en homenaxe a nosa mascota da biblioteca, a PULPA DARÍA. 

Ao longo da semana, en cada clase fixeramos as coplas que habiamos de cantar o día da festa.

Coas flores e pampullos que nos sobraron, o alumnado de infantil ainda fixeron unha mandala...

E por suposto, non nos esquecemos de poñer na porta do cole a xesta como manda a tradición para non andar "amaiadas" todo o ano...

Foi un día moi, moi divertido onde  puxemos en valor a nosa tradición e a nosa creatividade. 

A ver que vos parecen as imaxes...

                           O FIUNCHO...

                          OS COLARES...     






O NOSO MAIO...





A MANDALA...


A XESTA NA PORTA  DO COLE...




















SAÍDA Á ILLA DE CORTEGADA

  VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA! Para rematar o curso fixemos unha saída marabillosa á illa de Cortegada! Esta illa forma parte do parque na...