Para o 8 de Marzo gustounos debuxar as mulleres máis importantes das nosas vidas, coñecendo un pouco de historia da celebración deste día nesta data (que podiamos ler na parte de abaixo do mural) e investigando sobre algunhas mulleres galegas das nosas familias e das súas vidas e costumes no pasado, por medio de entrevistas persoais e infografías.
domingo, 21 de abril de 2024
Día de Rosalía de Castro
Outra das actividades que amenizaron os nosos días no colexio e que nos fixeron aprender sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, ao tempo que cantabamos e a debuxabamos, foi a organizada polo grupo Polo correo do vento. Grupo ao que xa coñecemos pero co que sempre aprendemos cousas novas sobre autores galegos. Grazas pola visita!
Día da Paz e da Non Violencia
Boas amigos.
Dende o ENLG queríamosvos contar algunhas das actividades que fomos realizando tamén durante o segundo trimestre.
Comezamos en Xaneiro conmemorando o Día da Paz. Neste día, ademáis de crear un mural de bandeiras de todos os países do mundo nas nosas mans debuxadas e de cantar a canción da Mochila da Paz entre todo o alumnado, tamén nos encantou pegar as nosas "apócemas máxicas da Paz" cos ingredientes que cremos que son necesarios para lograr a paz no noso día a día.
FESTA DOS MAIOS
CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA! O xoves 30 de abril celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comuni...
-
Boas amigos. Dende o ENLG queríamosvos contar algunhas das actividades que fomos realizando tamén durante o segundo trimestre. Comezamos en...
-
Para coñecer a vida e obra de Luísa Villalta, o alumnado puido ler algúns libros que falaban da mesma. Con "A nosa estrela" (lib...
-
Dende o departamento de galego queremos presentarvos os froitos, as verduras e as flores típicas deste tempo de outono. Hai curiosidades, ...




