xoves, 25 de xuño de 2026

SAÍDA Á ILLA DE CORTEGADA

 VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA!

Para rematar o curso fixemos unha saída marabillosa á illa de Cortegada! Esta illa forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas. Está comunicada na baixamar con Carril, por un camiño que se denomina Camiño do Carro.

Nesta visita ademáis de desfrutar dun día de moita calor e xogos na praia, puidemos coñecer, relacionado co noso Proxecto de Centro: "As árbores", un dos bosques de loureiros máis grandes de Europa. Tamén puidemos ver unha enorme carballeira e unha morea de piñeiros... de feito, fixemos unha rota de 2 horas atravesando un denso bosque cheo de árbores e vexetación.

Por descontado, non nos esquecemos da viaxe en barco, que foi o máis emocionante e divertido da visita.








mércores, 3 de xuño de 2026

VISITA Á FINCA DE LOURIZÁN

 VISITA GUIADA Á FINCA DE LOURIZÁN.

O luns o alumnado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria, visitamos a finca de Lourizán. 
Co gallo do PDI para este curso: "As árbores",  afondamos no coñecemento, coidado e desfrute das árbores da finca. Había árbores xa coñecidas por nós coma: castiñeiros, piñeiros, carballos, abetos, etc. pero tamén tivemos ocasión de coñecer outras novas coma: as secuoias, olmos, acacias, plátanos, etc.
Asemade, na visita non só tivemos ocasión de desfrutar das árbores, tamén tivemos sorpresas coma: a cova dos espellos, a fonte de boca de peixe, o pasadizo escuro, a cortina de auga, a poza das troitas, unha mesa de pedra xigante e un invernadoiro con nenúfares, ras e peixiños que nos deixaron a todas e todos abraiados.
Xusto antes de rematar a visita, merendamos debaixo das árbores típicas das Comunidades Autónomas de España. 
Canto aprendemos e que ben o pasamos!

                         

                                       

                                     
 
                                      











SAÍDA Á ILLA DE CORTEGADA

  VISITAMOS A ILLA DE CORTEGADA! Para rematar o curso fixemos unha saída marabillosa á illa de Cortegada! Esta illa forma parte do parque na...