VISITA GUIADA Á FINCA DE LOURIZÁN.
O luns o alumnado de Educación Infantil e o primeiro ciclo de Educación Primaria, visitamos a finca de Lourizán.
Co gallo do PDI para este curso: "As árbores", afondamos no coñecemento, coidado e desfrute das árbores da finca. Había árbores xa coñecidas por nós coma: castiñeiros, piñeiros, carballos, abetos, etc. pero tamén tivemos ocasión de coñecer outras novas coma: as secuoias, olmos, acacias, plátanos, etc.
Asemade, na visita non só tivemos ocasión de desfrutar das árbores, tamén tivemos sorpresas coma: a cova dos espellos, a fonte de boca de peixe, o pasadizo escuro, a cortina de auga, a poza das troitas, unha mesa de pedra xigante e un invernadoiro con nenúfares, ras e peixiños que nos deixaron a todas e todos abraiados.
Xusto antes de rematar a visita, merendamos debaixo das árbores típicas das Comunidades Autónomas de España.
Canto aprendemos e que ben o pasamos!









Ningún comentario:
Publicar un comentario