VISITOUNOS UNHA BOMBEIRA FORESTAL
Para celebrar o 8M visitounos Paula, unha bombeira forestal que nos explicou moitas cousas da súa profesión pero sobre todo destacou a importancia do traballo en equipo, de homes e mulleres en igualdade.
Falounos da roupa e calzado que tiñan que utilizar para protexerse do lume e poder facer con seguridade o seu traballo: botas, chaleco, casco, cobrenuca, pantalóns, guantes e chaquetón resistentes. Tamén nos contou que ferramentas se utilizaban: batelumes, gorgui, hacha, serras e motoserras, ademáis de mangueiras etc.
E por suposto, o que máis nos interesou: que vehículos utilizan para desplazarse aos incendios ademáis do camión: helicóptero, hidroavión e avionetas.
Quedamos encantadas/os coa visita e aprendemos o importante que é o seu traballo e o valentes e fortes que son. E que non só se dedican a apagar lumes, tamén a coidar, vixiar e protexer os montes.





Ningún comentario:
Publicar un comentario