O Día das Letras Galegas é un día de
exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria.
Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da
primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Ata 2022, ano dedicado a Florencio Delgado, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nas 60 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).
Como o festexamos no cole?
Pois con moita música e baile tradiccional, e sobre todo a través dun divertido xogo. Os nenos e nenas do CEIP Daría percorreron todos os lugares do cole en busca de pistas e probas. Todas elas axudaron aos nosos nenos a facer un percorrido pola historia da nosa lingua dun xeito entretido e motivador. Aquí vos deixamos unhas imaxes:
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODAS E TODAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario