sábado, 9 de decembro de 2023

Xogos no patio en Galego

Durante este trimestre dinamizáronse os xogos no patio, poñendo cartelería en galego e traballando con algúns xogos tradicionais da nosa comunidade autónoma (como o pano, os bolos...). O alumnado, co material posto a súa disposición cada día da semana, tiña diferentes alternativas de xogo. 

- Así por exemplo, os luns, con fresbees podiamos xogar a: "sen que caia", "o máis alto e o máis lexos posible" e ao "ultimate fresbee" en dous grandes equipos. 

- Os martes con aros: faciámolos xirar sobre diferentes partes do corpo, xogabamos a "gabiláns e palomas" ou podiamos crear a "mariola" para practicar os saltos e traballar o equilibrio ao mesmo tempo. 

- Os mércores buscariamos unha zona para xogar ao pano, outra para xogar aos bolos e unha última para a "galiña cega", empregando tamén panos. 

- O turno das indiakas viría o xoves, coas que poderiamos practicar os golpeos por parellas ou ao "pilla coa indiaka". 

- Deixabamos para o último día da semana as cordas, coas que podiamos demostrar as nosas habilidades saltando ou xogar a xogos como "o reloxo" ou "a serpe". 

Ademais, fixáronse unhas normas para estes momentos de lecer. Asemade, de cara a próximos trimestres, procurarase concienciar ao alumnado de novas responsabilidades neste ámbito, gardando funcións de "utilleros/as" na recollida de material ou de "árbitros/as" na formación de equipos e para controlar un bo trascorrer das actividades, realizándose en base a "calendarios de responsables dos xogos" por meses.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Correlingua

  A mellor forma de rematar o curso en lingua galega é participando na festa da nosa lingua: o CORRELINGUA. Nesta festa, primeiramente, re...