E dende o CEIP Daría queremos convidarvos a nosa festa de fin de ano. Xa non queda nada para rematar o 2023.
sábado, 9 de decembro de 2023
Magosto no Daría
A parte do tradicional asado de castañas, no Magosto do curso 2023- 2024, pasámolo en grande participando nos grupos das clases en oito xogos vernáculos de Galicia (carreiras de sacos, recollida de mazorcas, rá, bolos, tirasoga, brincadeiras, mariola e reloxo). Aquí vos deixamos algunhas imaxes e vídeos da nosa xornada outonal celebrada o dezasete de novembro.
Celebramos o Samaín
O pasado día 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio con diversas actividades.
Dende o equipo de dinamización da lingua galega do centro, publicáronse avisos para informar ás familias e titores legais do alumnado, fomentouse o uso de nomenclatura en galego para cada un dos talleres e deseñáronse carteis (con rimas rechamantes) para as cabazas gañadoras do concurso, que se seleccionaron entre os docentes, repartíndose 3 premios:
- Para a máis magnífica e terrorífica
- Para a máis enigmática e simpática
- E para a máis subliminal e orixinal
NORABOA AOS GAÑADORES/AS!
Merendas saudables
No colexio, estamos moi ledos de unificar os criterios e pautas alimenticias, creando unhas rutinas por días da semana para as merendas dos nosos nenos/as; deixando un día para o bocadillo, outro para froitos secos, varios para a froita e lácteos ou zumes...
Ter uns bos hábitos alimenticios repercute directamente na nosa saúde e calidade de vida, así que aquí vos deixamos de novo o noso cartel informativo, sobre a frecuencia que debemos comer determinados alimentos que esperemos faga efecto na forma de alimentarse dos nosos alumnos/as.
Xogos no patio en Galego
Durante este trimestre dinamizáronse os xogos no patio, poñendo cartelería en galego e traballando con algúns xogos tradicionais da nosa comunidade autónoma (como o pano, os bolos...). O alumnado, co material posto a súa disposición cada día da semana, tiña diferentes alternativas de xogo.
- Así por exemplo, os luns, con fresbees podiamos xogar a: "sen que caia", "o máis alto e o máis lexos posible" e ao "ultimate fresbee" en dous grandes equipos.
- Os martes con aros: faciámolos xirar sobre diferentes partes do corpo, xogabamos a "gabiláns e palomas" ou podiamos crear a "mariola" para practicar os saltos e traballar o equilibrio ao mesmo tempo.
- Os mércores buscariamos unha zona para xogar ao pano, outra para xogar aos bolos e unha última para a "galiña cega", empregando tamén panos.
- O turno das indiakas viría o xoves, coas que poderiamos practicar os golpeos por parellas ou ao "pilla coa indiaka".
- Deixabamos para o último día da semana as cordas, coas que podiamos demostrar as nosas habilidades saltando ou xogar a xogos como "o reloxo" ou "a serpe".
Ademais, fixáronse unhas normas para estes momentos de lecer. Asemade, de cara a próximos trimestres, procurarase concienciar ao alumnado de novas responsabilidades neste ámbito, gardando funcións de "utilleros/as" na recollida de material ou de "árbitros/as" na formación de equipos e para controlar un bo trascorrer das actividades, realizándose en base a "calendarios de responsables dos xogos" por meses.
SAMAÍN NO DARÍA
CELEBRAMOS A FESTA DE SAMAÍN NO COLE A semana do 27 ao 30 de outubro celebramos a festa de Samaín no cole. Todos os cursos traballamos ar...
-
Dende o departamento de galego queremos presentarvos os froitos, as verduras e as flores típicas deste tempo de outono. Hai curiosidades, ...
-
Hoxe presentámosvos un dos nosos proxectos estrela: DICHO DARÍA, no que o s nenos e nenas dos diferentes cursos ensínannos o Galego dunha ma...
-
Para o 8 de Marzo gustounos debuxar as mulleres máis importantes das nosas vidas, coñecendo un pouco de historia da celebración deste día n...

















