luns, 28 de novembro de 2022

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro é unha data sinalada no calendario para que nunca nos esquezamos de todas as persoas, sobre todo mulleres, que sofren este tipo de violencia. Pero tamén para fomentar valores entre o alumnado que permita eliminar esta lacra nas sociedades do futuro, das cales formaran parte os nenos e nenas da nosa escola.

Para conmemorar este día, no cole fixemos dous murais conxuntos, entre todo o alumnado do centro. 

Cada neno e cada nena plasmou a súa man como recordo das vítimas desta violencia.



Ademais, tamén traballamos sobre o conto O CHUVASQUEIRO DE AURORA, de María Marquez, onde nos conta a situación dunha nena que sofre a violencia de xénero na súa casa e como se enfronta a este problema coa súa nai. Un libro imprescindible!

Depois, elaboramos un mural cunhas GOTAS moi especiais, onde os alumnos/as escribiron as súas mensaxes contra a violencia.








mércores, 16 de novembro de 2022

CHEGOU O MAGOSTO

 Ola a todos e todas! 

Neste tempo de outono podemos gozar de manxares típicos como as castañas! E que mellor maneira de facelo que cunha festa! O próximo venres 18 celebraremos no cole o MAGOSTO!!

Pero...que sabemos desta festa? No seguinte documento podedes atopar información e actividades moi divertidas sobre esta celebración que nos propón o Portal da Lingua Galega  Esperamos que vos gusten!


E para ir entrando en calor...un pouco de música sobre o OUTONO! A bailar con Uxía Lambona e a Banda Molona!

 

mércores, 9 de novembro de 2022

CONTOS DE MEDO polo Samaín

 Ola de novo!

Rematou outubro…o que significa que chegou o día máis terrorífico do ano…O SAMAÍN!!

Para celebralo, ademais de outras actvidiades como as merendas terroríficas ou os disfraces o venres 28…cada aula creou o seu propio CONTO DE MEDO!

Estes fixéronse dunha maneira especial…pois trátanse de contos encadeados, é dicir, cada alumno e alumna inventa unha parte, relacionada co que escribiron antes os seus compañeiros/as.

Que conto dará máis medo??? Podedes lelos todos pinchando na seguinte imaxe!



domingo, 6 de novembro de 2022

FROITOS DE OUTONO

Dende o departamento de galego queremos presentarvos os froitos, as verduras e as flores típicas deste tempo de outono. Hai curiosidades, anécdotas e beneficios para a nosa saúde e espíritu. Desexamos que vos guste

Correlingua

  A mellor forma de rematar o curso en lingua galega é participando na festa da nosa lingua: o CORRELINGUA. Nesta festa, primeiramente, re...