O ENTROIDO INVADE O NOSO COLE
Animais, seres máxicos e profesións relacionadas cos bosques invadiron o cole na celebración do Entroido.
Cada curso elixiu un animal ou ser máxico do bosque e os mestres e mestras eliximos diferentes profesións relacionadas co mesmo.
Pasámolo en grande disfrazándonos, decorando o cole e comendo os riquísimos prostres do Entroido que familias e Unidades do Centro Príncipe Felipe trouxeron para a festa. Ata a mascota se disfrazou!
A celebración do Entroido en Galicia ten un grande arraigo e constitúe unha das festividades máis antigas e auténticas da nosa cultura popular. Por iso quixemos decorar PANTALLAS DE XINZO, e CIGARRÓNS DE VERÍN que forman parte do "Triángulo máxico" de Ourense e homenaxeamos tamén ao LORO RAVACHOL por ser a figura máis representativa da nosa cidade, Pontevedra.



















