IMOS PASALO BEN CO APALPADOR!
O noso centro educativo súmase á iniciativa de recuperar a figura do apalpador. Consideramos importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado.
O APALPADOR é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das montañas do Caurel facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre O APALPADOR fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón... respectuosos co medio ambiente.
O estudo dos textos literarios onde aparece reflectida a súa presenza fala de que lle tocaba a barriguiña aos nenos e nenas para ver se a tiñan chea e lle deixaba unhas castañas para a fame.
Na actualidade os nosos nenos e nenas teñen cubertas as necesidades de alimentación pero de forma simbolica pódese deixar calquera froito seco , como "froitos da sorte para o ano novo" O apalpador tamén pode deixar un xoguete feito a man potenciando así que se valore o material de reciclase, a artesanía, para estimulalos a facer os seus propios xoguetes...
FELIZ 31 DE DECEMBRO, FELIZ DÍA DO APALPADOR!