xoves, 27 de novembro de 2025

CELEBRAMOS A FESTA DO MAGOSTO

 A FESTA DO MAGOSTO


O 14 de novembro celebramos a festa do MAGOSTO no cole. As nenas e nenos trouxeron castañas da casa que asamos e comemos despois  no patio.

Ainda que todas tiñamos moitas ganas de comezar a papadela, antes xogamos a unha morea de xogos populares como: "A castaña por detrás", " carreiras de sacos", "a castaña na culler", " as chapas", " o trompo", " comecastañas" etc. 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes da festa.










mércores, 5 de novembro de 2025

SAMAÍN NO DARÍA

 CELEBRAMOS A FESTA DE SAMAÍN NO COLE

A semana do 27 ao 30 de outubro celebramos a festa de Samaín no cole. Todos os cursos  traballamos arreo para deixar o cole terroríficamente divertido. Decoramos a entrada, as portas e  as paredes. E preparamos receitas que daban medo probalas.

Tamén trouxemos  da casa cabazas arrepiantes e o cole encheuse de bruxas e outros monstros que se parecían moito aos mestres e mestras... ainda que os grandes protagonistas foron os alumnos e alumnas do Daría.

Despois de tanto traballo, fixemos unha festa con música, bailes e comida. Que ben o pasamos!

Aquí vos deixamos a reportaxe de todo este traballo. Comezamos polo video que fixemos coa decoración da entrada do cole.


Mirade como quedaron as portas de terroríficas...





Non esquecemos a porta da biblioteca.


Tamén decoramos as paredes.









Preparamos riquísimas receitas terroríficas das que non quedou nin chisca...








    
E por último, aquí vos deixamos as fotos das marabillosas cabazas decoradas na casa.











SALÓN DO LIBRO

  VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO O luns visitamos o SALÓN DO LIBRO.  Este ano está dedicado á MÚSICA e o país invitado é PALESTINA. Orbil saíu a...