martes, 30 de novembro de 2021

25 N

 



Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO realizamos unha actividade promovida dende o EDLG. Cada curso escolleu unha canción tradicional con contido machista e deulle a volta aos seus versos.

Con todas as producións creamos o seguinte vídeo:


Tamén decoramos a entrada do cole con palabras bonitas que poden facer as nosas mans:




E decoramos flores para regalarlle as nosas irmáns, nais, avoas, mestras, amigas... en definitiva, AS MULLERES DAS NOSAS VIDAS.








martes, 23 de novembro de 2021

Polo San Martiño, castañas asadas e viño!

 

O pasado venres día 12 de novembro celebramos no cole o Magosto.

Descubrimos que o magosto  é unha festa de orixe pagán, que logo foi cristianizada, e, como tódalas festas de carácter agrario, pode situarse na Prehistoria, cando o ser humano vai adquirindo consciencia individual e social. É unha festividade relacionada co culto á fecundidade; de aí a súa relación directa co lume, representando ó sol, deus fecundador da terra. Trátase  amén dunha comida comunitaria e ritual, que reforza os vencellos comunitarios do mundo rural galego; ten carácter alegre e de acción de gracias polos froitos recollidos, así coma de homenaxe ós castiñeiros e as castañas.

Como o celebramos no cole?

FIXEMOS O LUME:




ASAMOS AS CASTAÑAS:



 

PAPÁMOLAS TODAS:





TIVEMOS XOGOS TRADICIONAIS:


                                    


 

 

                            

 


 

E por suposto... PASÁMOLO XENIAL!

martes, 16 de novembro de 2021

"Polo Samaín, as meigas veñen a min e asustanme sen fin."

O venres 29 de outubro festexamos o Samaín no noso cole e, PASÁMOLO XENIAL:

  •   Fixemos e comemos merendas terroríficas.
  • Decoramos as nosas cabazas e fixemos unha exposición.
  • Elaboramos as nosas propias caretas.
  • Sacamos fotos no noso Photocall.
  • Viñemos disfrazados ao cole.

Aquí vos deixamos algunha proba...



















luns, 8 de novembro de 2021

Quen cho di? DICHO DARÍA


Hoxe presentámosvos un dos nosos proxectos estrela: DICHO DARÍA, no que os nenos e nenas dos diferentes cursos ensínannos o Galego dunha maneira moi entretida. 


Velaquí van as diferentes temáticas:

INFANTIL: os animais.

1º CICLO: a roupa.

2º CICLO: a vexetación e a froita.

5º EP: o tempo e o clima.

6º EP: os refráns.


Botádelle un ollo ao Instragram do cole, onde están os vídeos xa colgados: FAI CLIC AQUÍ

 


martes, 2 de novembro de 2021

Daría Gonzalez.... E ti, quen ves sendo?

COÑECEMOS A DARÍA GONZÁLEZ GARCÍA.



Daría González García, nada en Pontevedra en 1912 e finada na mesma cidade o 20 de xaneiro de 1999, foi unha mestra e política galega.

 

Estudou o bacharelato en Pontevedra e ao rematar matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filosofía e Letras (sección Historia) en 1935, sendo pioneira da presenza feminina na universidade. Foi unha das poucas mulleres que participaron no Seminario de Estudos Galegos como socia protectora, pois era irmá dun dos membros do SEG: Sebastián González García-Paz. Militou no Partido Galeguista desde 1932.

 

Non lle permitiron presentarse ás oposicións de Adxuntos de Instituto polos seus antecedentes políticos, polo que se pasou á Administración do Estado e pertenceu á primeira promoción de mulleres Técnico da Administración Civil do Estado, adscribiuse á Inspección de Traballo de Pontevedra. Tamén estudou Maxisterio e graduouse en 1949.

 

En 1950 creou en Pontevedra o Colexio Inmaculada co seu marido Francisco Cerviño, Blas Arias, Ángel Piñón, e as súas esposas, Pilar Torrado e Concha Cimadevila. Foi docente neste colexio ata 1954, logo exerceu como profesora nos institutos de Marín e Pontevedra.

 

Foi socia fundadora da Fundación Alexandre Bóveda, formou parte da xunta reitora da Fundación Castelao, estivo vinculada ao Museo de Pontevedra e tivo un destacado papel na cultura local pontevedresa.

 

Foi elixida concelleira de Pontevedra por Unidade Galega nas primeiras eleccións democráticas e foi tenente de alcalde de Cultura entre 1980 e 1983. Abandonou a política en 1983, logo do fracaso da súa candidatura no Partido Galeguista nas municipais de 1983.

Foi Premio Cidade de Pontevedra en 1988 e Premio Amigos de Pontevedra en 1989.

Casou con Francisco Cerviño Xesteira, avogado e profesor de Historia, e tivo tres fillos: Francisco, Enrique e Carlos Cerviño González.


Benvidos e Benvidas ao blog do CEIP DARÍA GONZALEZ GARCÍA.





 Benvidos e benvidas ao blog do Equipo de Dinamización da lingua galega do CEIP DARÍA GONZÁLEZ GARCÍA. 

Aquí publicaremos as actividades que facemos no cole para fomentar o uso da nosa lingua e moitas cousas máis. 

 

Unha aperta a todas e todos!




Correlingua

  A mellor forma de rematar o curso en lingua galega é participando na festa da nosa lingua: o CORRELINGUA. Nesta festa, primeiramente, re...