mércores, 5 de novembro de 2025

SAMAÍN NO DARÍA

 CELEBRAMOS A FESTA DE SAMAÍN NO COLE

A semana do 27 ao 30 de outubro celebramos a festa de Samaín no cole. Todos os cursos  traballamos arreo para deixar o cole terroríficamente divertido. Decoramos a entrada, as portas e  as paredes. E preparamos receitas que daban medo probalas.

Tamén trouxemos  da casa cabazas arrepiantes e o cole encheuse de bruxas e outros monstros que se parecían moito aos mestres e mestras... ainda que os grandes protagonistas foron os alumnos e alumnas do Daría.

Despois de tanto traballo, fixemos unha festa con música, bailes e comida. Que ben o pasamos!

Aquí vos deixamos a reportaxe de todo este traballo. Comezamos polo video que fixemos coa decoración da entrada do cole.


Mirade como quedaron as portas de terroríficas...





Non esquecemos a porta da biblioteca.


Tamén decoramos as paredes.









Preparamos riquísimas receitas terroríficas das que non quedou nin chisca...








    
E por último, aquí vos deixamos as fotos das marabillosas cabazas decoradas na casa.











luns, 27 de maio de 2024

Correlingua

 

A mellor forma de rematar o curso en lingua galega é participando na festa da nosa lingua: o CORRELINGUA.

Nesta festa, primeiramente, realizamos unha andaina con alumnado e mestres doutros centros levando un cartaz de centro e dorsais con palabras en galego. Seguindo o proxecto de centro “Viaxando polo mundo”, este ano pensamos palabras relacionadas coas viaxes, os medios de transporte, os países e incluso fenómenos atmosféricos... pero sempre, en lingua galega, escribíndoas na nosa lingua nos dorsais personalizados con marcos de viaxes. A continuación, escoitamos o pregón e desfrutamos bailando ao son de cancións en galego cantadas polo grupo infantil “Gramola Gominola”. E finalizamos a festa galega coa solta de globos de cores celebrando a diversidade da cultura galega. 

Pasámolo en grande!







Dende aquí até acolá, galego xa!

Semana das Letras Galegas

 


Para coñecer a vida e obra de Luísa Villalta, o alumnado puido ler algúns libros que falaban da mesma.
Con "A nosa estrela" (libro ilustrado), "Melodía de palabras" e "Tinta do mar", descubrimos a súa infancia, xuventude e a súa repercusión xa de adulta; e con "Alma de violino" e "Sempre infinita", a súa obra.
Así mesmo o alumnado realizou por cursos unidades didácticas sobre a autora de Seminario Galán. Isto permitíulle poder xogar posteriormente e responder preguntas no panel de robótica mentres se divertían traballando direccións e trayectorias co uso do beebot.




domingo, 21 de abril de 2024

Día da Muller

 Para o 8 de Marzo gustounos debuxar as mulleres máis importantes das nosas vidas, coñecendo un pouco de historia da celebración deste día nesta data (que podiamos ler na parte de abaixo do mural) e investigando sobre algunhas mulleres galegas das nosas familias e das súas vidas e costumes no pasado, por medio de entrevistas persoais e infografías.



Día de Rosalía de Castro

 Outra das actividades que amenizaron os nosos días no colexio e que nos fixeron aprender sobre a vida e obra de Rosalía de Castro, ao tempo que cantabamos e a debuxabamos, foi a organizada polo grupo Polo correo do vento. Grupo ao que xa coñecemos pero co que sempre aprendemos cousas novas sobre autores galegos. Grazas pola visita!








Día da Paz e da Non Violencia

 Boas amigos.

Dende o ENLG queríamosvos contar algunhas das actividades que fomos realizando tamén durante o segundo trimestre.

Comezamos en Xaneiro conmemorando o Día da Paz. Neste día, ademáis de crear un mural de bandeiras de todos os países do mundo nas nosas mans debuxadas e de cantar a canción da Mochila da Paz entre todo o alumnado, tamén nos encantou pegar as nosas "apócemas máxicas da Paz" cos ingredientes que cremos que son necesarios para lograr a paz no noso día a día.




sábado, 9 de decembro de 2023

SAMAÍN NO DARÍA

  CELEBRAMOS A FESTA DE SAMAÍN NO COLE A semana do 27 ao 30 de outubro celebramos a festa de Samaín no cole. Todos os cursos  traballamos ar...