luns, 28 de novembro de 2022

25N DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro é unha data sinalada no calendario para que nunca nos esquezamos de todas as persoas, sobre todo mulleres, que sofren este tipo de violencia. Pero tamén para fomentar valores entre o alumnado que permita eliminar esta lacra nas sociedades do futuro, das cales formaran parte os nenos e nenas da nosa escola.

Para conmemorar este día, no cole fixemos dous murais conxuntos, entre todo o alumnado do centro. 

Cada neno e cada nena plasmou a súa man como recordo das vítimas desta violencia.



Ademais, tamén traballamos sobre o conto O CHUVASQUEIRO DE AURORA, de María Marquez, onde nos conta a situación dunha nena que sofre a violencia de xénero na súa casa e como se enfronta a este problema coa súa nai. Un libro imprescindible!

Depois, elaboramos un mural cunhas GOTAS moi especiais, onde os alumnos/as escribiron as súas mensaxes contra a violencia.








mércores, 16 de novembro de 2022

CHEGOU O MAGOSTO

 Ola a todos e todas! 

Neste tempo de outono podemos gozar de manxares típicos como as castañas! E que mellor maneira de facelo que cunha festa! O próximo venres 18 celebraremos no cole o MAGOSTO!!

Pero...que sabemos desta festa? No seguinte documento podedes atopar información e actividades moi divertidas sobre esta celebración que nos propón o Portal da Lingua Galega  Esperamos que vos gusten!


E para ir entrando en calor...un pouco de música sobre o OUTONO! A bailar con Uxía Lambona e a Banda Molona!

 

mércores, 9 de novembro de 2022

CONTOS DE MEDO polo Samaín

 Ola de novo!

Rematou outubro…o que significa que chegou o día máis terrorífico do ano…O SAMAÍN!!

Para celebralo, ademais de outras actvidiades como as merendas terroríficas ou os disfraces o venres 28…cada aula creou o seu propio CONTO DE MEDO!

Estes fixéronse dunha maneira especial…pois trátanse de contos encadeados, é dicir, cada alumno e alumna inventa unha parte, relacionada co que escribiron antes os seus compañeiros/as.

Que conto dará máis medo??? Podedes lelos todos pinchando na seguinte imaxe!



domingo, 6 de novembro de 2022

FROITOS DE OUTONO

Dende o departamento de galego queremos presentarvos os froitos, as verduras e as flores típicas deste tempo de outono. Hai curiosidades, anécdotas e beneficios para a nosa saúde e espíritu. Desexamos que vos guste

venres, 14 de outubro de 2022

A NOSA LINGUA GUAPA

 

A orixe da nosa lingua guapa

Unha meiga, unha profesora e un grupo de nenas e nenos ben espelidos protagonizan do CPI Santa Lucía de Moraña a primeira película de ficción da Real Academia Galega, baseada en feitos abraiantes pero reais como a vida mesma. Non perdades a fascinante historia do nacemento dun idioma especial coma ningún outro, porque sodes vós as persoas que tendes o superpoder de seguir a darlle mil primaveras máis de vida! Só tendes que berrar e practicar este retrouso máxico: Nós, en galego! A nosa lingua guapa!

Para máis información e ver o video ide a https://primaveradasletras.gal/lingua-guapa/curtametraxe


venres, 27 de maio de 2022

17 DE MAIO: O DÍA DA NOSA LINGUA


            



O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

 

Ata 2022, ano dedicado a Florencio Delgado, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nas 60 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).


Como o festexamos no cole?


Pois con moita música e baile tradiccional, e sobre todo a través dun divertido xogo. Os nenos e nenas do CEIP Daría percorreron todos os lugares do cole en busca de pistas e probas. Todas elas axudaron aos nosos nenos a facer un percorrido pola historia da nosa lingua dun xeito entretido e motivador. Aquí vos deixamos unhas imaxes:














FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS  A TODAS E TODAS!


martes, 22 de marzo de 2022

Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira

 No CEIP Daría somos ben festeiros.... O meco mandou, e nos obedecemos.


E por suposto, o Entroido quedou ben traballado e celebrado. 

Este ano os disfraces inspiraronse na temática do mar: VIKINGOS, PIRATAS, ANIMAIS MARIÑOS, BUZOS E REDEIROS animáronse coa festa, bailaron coa música, beberon un chocolate quente acompañado dunha bica. Aquí queda algún recordo:









FESTA DOS MAIOS

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA! O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comuni...