sábado, 14 de marzo de 2026

SALÓN DO LIBRO

 VISITAMOS O SALÓN DO LIBRO

O luns visitamos o SALÓN DO LIBRO. Este ano está dedicado á MÚSICA e o país invitado é PALESTINA.

Orbil saíu a recibirnos e despois fomos percorrendo todas as instalacións do Salón que estaba precioso e cheo de cousiñas marabillosas. 

María Campos contounos uns contos moi divertidos, despois puidemos tocar e escoitar diferentes instrumentos, de todo tipo. Non só os creados para facer música, tamén calquer obxecto que servise para emitir sons. Pasámolo en grande!














DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 VISITOUNOS UNHA BOMBEIRA FORESTAL

Para celebrar  o 8M  visitounos Paula, unha bombeira forestal que nos explicou moitas cousas da súa profesión pero sobre todo destacou a importancia do traballo en equipo, de homes e mulleres en igualdade.

Falounos da roupa e calzado que tiñan que utilizar para protexerse do lume e poder facer con seguridade o seu traballo: botas, chaleco, casco, cobrenuca, pantalóns, guantes e chaquetón resistentes. Tamén nos contou que ferramentas se utilizaban: batelumes, gorgui, hacha, serras e motoserras, ademáis de mangueiras etc. 

E por suposto, o que máis nos interesou: que vehículos utilizan para desplazarse aos incendios ademáis do camión: helicóptero, hidroavión e avionetas. 

Quedamos encantadas/os coa visita e aprendemos o importante que é o seu traballo e o valentes e fortes que son. E que non só se dedican a apagar lumes, tamén a coidar, vixiar e protexer os montes.








CAMIÑADAS URBANAS

 ARREDOR DA HISTORIA DA LINGUA

O venres, 6 de marzo o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2ºciclo de Educación Primaria  , fixemos unha camiñada urbana polo centro histórico de Pontevedra onde aprendimos a historia dos nomes desas rúas e prazas. Foi moi interesante e divertido.
Tamén aproveitamos a saída para coñecer a Praza de Abastos e o Museo Municipal. 







luns, 2 de marzo de 2026

DIA DE ROSALÍA DE CASTRO

 23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día de Rosalía de Castro celébrase o 23 de febreiro para conmemorar o nacemento da escritora galega. É un xeito de recoñecer a súa figura como referente da cultura e lingua galega.

Este ano, no cole quixemos homenaxear  a Rosalía elaborando entre todo o alumnado do Centro un mural coa súa imaxe.  Fixémola a partires de elementos vexetais recollidos polos nenos e nenas de Educación Infantil na MILLA DIARIA. 




Asemade, os nenos e nenas de Educación Primaria inventaron adiviñas baseadas na vida da escritora e tamén reproduciron a poesía: " Adiós rios, adios fontes" acompañándoa de debuxos relacionadas coa letra da canción. Mirade que mural tan fermoso nos quedou!



En Educación Infantil tamén fixemos retratos da escritora e marcapáxinas de agasallo para as familias. A ver que vos parece!





























luns, 23 de febreiro de 2026

FESTA RACHADA POLO ENTROIDO

O ENTROIDO INVADE O NOSO COLE

Animais, seres máxicos e profesións  relacionadas cos bosques invadiron o cole na celebración do Entroido.
Cada curso elixiu un animal ou ser máxico do bosque e os mestres e mestras eliximos diferentes profesións relacionadas co mesmo.
Pasámolo en grande disfrazándonos, decorando o cole e comendo os riquísimos prostres do Entroido que familias e Unidades do Centro Príncipe Felipe trouxeron para a festa. Ata a mascota se disfrazou!







A celebración do Entroido en Galicia ten un grande arraigo e constitúe unha das festividades máis antigas e auténticas da nosa cultura popular. Por iso quixemos decorar PANTALLAS DE XINZO, e CIGARRÓNS DE VERÍN que forman parte do  "Triángulo máxico" de Ourense e homenaxeamos tamén  ao LORO RAVACHOL por ser a figura máis representativa da nosa cidade, Pontevedra.


















sábado, 27 de decembro de 2025

CHEGOU O APALPADOR





IMOS PASALO BEN CO APALPADOR!


O noso centro educativo súmase á iniciativa de recuperar a figura do apalpador.  Consideramos importante recuperar as tradicións galegas e transmitirllas ao noso alumnado. 
O APALPADOR é un home de barba rubia, un vello xigante, que vive nas devesas das montañas do Caurel facendo carbón durante todo o ano para escorrentar o frío do inverno. No seu tempo libre O APALPADOR fai xoguetes artesanais con madeira, pedra, cartón... respectuosos co medio ambiente.
O estudo dos textos literarios onde aparece reflectida a súa presenza fala de que lle tocaba a barriguiña aos nenos e nenas para ver se a tiñan chea e lle deixaba unhas castañas para a fame.
Na actualidade os nosos nenos e nenas teñen cubertas as necesidades de alimentación pero de forma simbolica pódese deixar calquera froito seco , como "froitos da sorte para o ano novo" O apalpador tamén pode deixar un xoguete feito a man potenciando así que se valore o material de reciclase, a artesanía, para estimulalos a facer os seus propios xoguetes...
FELIZ 31 DE DECEMBRO, FELIZ DÍA DO APALPADOR!


Aquí vos queda a canción e o baile do Apalpador. Podedes desfrutar unha morea de materiais sobre o tema en: www.oapalpador.eu





FESTA DOS MAIOS

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA! O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comuni...