domingo, 21 de abril de 2024

Día da Paz e da Non Violencia

 Boas amigos.

Dende o ENLG queríamosvos contar algunhas das actividades que fomos realizando tamén durante o segundo trimestre.

Comezamos en Xaneiro conmemorando o Día da Paz. Neste día, ademáis de crear un mural de bandeiras de todos os países do mundo nas nosas mans debuxadas e de cantar a canción da Mochila da Paz entre todo o alumnado, tamén nos encantou pegar as nosas "apócemas máxicas da Paz" cos ingredientes que cremos que son necesarios para lograr a paz no noso día a día.




sábado, 9 de decembro de 2023

Aproxímase o último día do primeiro trimestre...

 E dende o CEIP Daría queremos convidarvos a nosa festa de fin de ano. Xa non queda nada para rematar o 2023.



Magosto no Daría

 


A parte do tradicional asado de castañas, no Magosto do curso 2023- 2024, pasámolo en grande participando nos grupos das clases en oito xogos vernáculos de Galicia (carreiras de sacos, recollida de mazorcas, rá, bolos, tirasoga, brincadeiras, mariola e reloxo). Aquí vos deixamos algunhas imaxes e vídeos da nosa xornada outonal celebrada o dezasete de novembro.








Celebramos o Samaín

 O pasado día 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio con diversas actividades.


 

Dende o equipo de dinamización da lingua galega do centro, publicáronse avisos para informar ás familias e titores legais do alumnado, fomentouse o uso de nomenclatura en galego para cada un dos talleres e deseñáronse carteis (con rimas rechamantes) para as cabazas gañadoras do concurso, que se seleccionaron entre os docentes, repartíndose 3 premios:

- Para a máis magnífica e terrorífica


- Para a máis enigmática e simpática


- E para a máis subliminal e orixinal


 

NORABOA AOS GAÑADORES/AS!

Merendas saudables

 No colexio, estamos moi ledos de unificar os criterios e pautas alimenticias, creando unhas rutinas por días da semana para as merendas dos nosos nenos/as; deixando un día para o bocadillo, outro para froitos secos, varios para a froita e lácteos ou zumes...


Ter uns bos hábitos alimenticios repercute directamente na nosa saúde e calidade de vida, así que aquí vos deixamos de novo o noso cartel informativo, sobre a frecuencia que debemos comer determinados alimentos que esperemos faga efecto na forma de alimentarse dos nosos alumnos/as.



Xogos no patio en Galego

Durante este trimestre dinamizáronse os xogos no patio, poñendo cartelería en galego e traballando con algúns xogos tradicionais da nosa comunidade autónoma (como o pano, os bolos...). O alumnado, co material posto a súa disposición cada día da semana, tiña diferentes alternativas de xogo. 

- Así por exemplo, os luns, con fresbees podiamos xogar a: "sen que caia", "o máis alto e o máis lexos posible" e ao "ultimate fresbee" en dous grandes equipos. 

- Os martes con aros: faciámolos xirar sobre diferentes partes do corpo, xogabamos a "gabiláns e palomas" ou podiamos crear a "mariola" para practicar os saltos e traballar o equilibrio ao mesmo tempo. 

- Os mércores buscariamos unha zona para xogar ao pano, outra para xogar aos bolos e unha última para a "galiña cega", empregando tamén panos. 

- O turno das indiakas viría o xoves, coas que poderiamos practicar os golpeos por parellas ou ao "pilla coa indiaka". 

- Deixabamos para o último día da semana as cordas, coas que podiamos demostrar as nosas habilidades saltando ou xogar a xogos como "o reloxo" ou "a serpe". 

Ademais, fixáronse unhas normas para estes momentos de lecer. Asemade, de cara a próximos trimestres, procurarase concienciar ao alumnado de novas responsabilidades neste ámbito, gardando funcións de "utilleros/as" na recollida de material ou de "árbitros/as" na formación de equipos e para controlar un bo trascorrer das actividades, realizándose en base a "calendarios de responsables dos xogos" por meses.

mércores, 1 de febreiro de 2023

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Xa estamos de volta! Comezamos o segundo trimestre celebrando o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Trátase dunha data moi importante no calendario, pois este día permítenos recordar a importancia da non violencia e do respecto, valores fundamentais nunha sociedade onde cada vez máis vemos noticias sobre a guerra, o acoso escolar, ou a violecia de xénero, entre outras.

Dende o centro quixemos unir as nosas MANS nun MURAL, para dicir NON á violencia.



Ademais, cada neno e cada nena deseñou unha PULSEIRA DA PAZ, que o día 30 de xaneiro, logo dun acto na escola, se repartiron entre todo o alumnado.






FESTA DOS MAIOS

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA! O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comuni...