sábado, 9 de decembro de 2023

Magosto no Daría

 


A parte do tradicional asado de castañas, no Magosto do curso 2023- 2024, pasámolo en grande participando nos grupos das clases en oito xogos vernáculos de Galicia (carreiras de sacos, recollida de mazorcas, rá, bolos, tirasoga, brincadeiras, mariola e reloxo). Aquí vos deixamos algunhas imaxes e vídeos da nosa xornada outonal celebrada o dezasete de novembro.








Celebramos o Samaín

 O pasado día 31 de outubro celebramos o Samaín no colexio con diversas actividades.


 

Dende o equipo de dinamización da lingua galega do centro, publicáronse avisos para informar ás familias e titores legais do alumnado, fomentouse o uso de nomenclatura en galego para cada un dos talleres e deseñáronse carteis (con rimas rechamantes) para as cabazas gañadoras do concurso, que se seleccionaron entre os docentes, repartíndose 3 premios:

- Para a máis magnífica e terrorífica


- Para a máis enigmática e simpática


- E para a máis subliminal e orixinal


 

NORABOA AOS GAÑADORES/AS!

Merendas saudables

 No colexio, estamos moi ledos de unificar os criterios e pautas alimenticias, creando unhas rutinas por días da semana para as merendas dos nosos nenos/as; deixando un día para o bocadillo, outro para froitos secos, varios para a froita e lácteos ou zumes...


Ter uns bos hábitos alimenticios repercute directamente na nosa saúde e calidade de vida, así que aquí vos deixamos de novo o noso cartel informativo, sobre a frecuencia que debemos comer determinados alimentos que esperemos faga efecto na forma de alimentarse dos nosos alumnos/as.



Xogos no patio en Galego

Durante este trimestre dinamizáronse os xogos no patio, poñendo cartelería en galego e traballando con algúns xogos tradicionais da nosa comunidade autónoma (como o pano, os bolos...). O alumnado, co material posto a súa disposición cada día da semana, tiña diferentes alternativas de xogo. 

- Así por exemplo, os luns, con fresbees podiamos xogar a: "sen que caia", "o máis alto e o máis lexos posible" e ao "ultimate fresbee" en dous grandes equipos. 

- Os martes con aros: faciámolos xirar sobre diferentes partes do corpo, xogabamos a "gabiláns e palomas" ou podiamos crear a "mariola" para practicar os saltos e traballar o equilibrio ao mesmo tempo. 

- Os mércores buscariamos unha zona para xogar ao pano, outra para xogar aos bolos e unha última para a "galiña cega", empregando tamén panos. 

- O turno das indiakas viría o xoves, coas que poderiamos practicar os golpeos por parellas ou ao "pilla coa indiaka". 

- Deixabamos para o último día da semana as cordas, coas que podiamos demostrar as nosas habilidades saltando ou xogar a xogos como "o reloxo" ou "a serpe". 

Ademais, fixáronse unhas normas para estes momentos de lecer. Asemade, de cara a próximos trimestres, procurarase concienciar ao alumnado de novas responsabilidades neste ámbito, gardando funcións de "utilleros/as" na recollida de material ou de "árbitros/as" na formación de equipos e para controlar un bo trascorrer das actividades, realizándose en base a "calendarios de responsables dos xogos" por meses.

mércores, 1 de febreiro de 2023

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA

Xa estamos de volta! Comezamos o segundo trimestre celebrando o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.

Trátase dunha data moi importante no calendario, pois este día permítenos recordar a importancia da non violencia e do respecto, valores fundamentais nunha sociedade onde cada vez máis vemos noticias sobre a guerra, o acoso escolar, ou a violecia de xénero, entre outras.

Dende o centro quixemos unir as nosas MANS nun MURAL, para dicir NON á violencia.



Ademais, cada neno e cada nena deseñou unha PULSEIRA DA PAZ, que o día 30 de xaneiro, logo dun acto na escola, se repartiron entre todo o alumnado.






xoves, 22 de decembro de 2022

É TEMPO DE NADAL

O mes de decembro sempre foi especial no calendario, pois, ademais de que chegan as ansiadas vacacións…no cole facemos moitas actividades diferentes e entretidas!

Comezamos preparando con ansia o festival de nadal, que se celebra o último día de clase do trimestre.

Tamén realizamos a creación e elaboración de POSTAIS DE NADAL. Cada alunmo/a do centro deseñou a súa postal, as cales terían unha dobre función: participar no concurso de postais do concello de Soutomaior (de forma telemática) e intercambialas entre todos os nenos e nenas do colexio.

No concurso de postais, varios dos alumnos/as do Daría obtiveron premio…vaia artistas! E para os que non gañaron, tamén houbo agasallo! Unha mantiña ben quentiña para os días de frío! Que sorte tiveron os participantes!

                       

Xa nos últimos días do trimestre, os alumnos de 5º de primaria foron os encargados de repartir as postais entre todos os nenos e nenas do centro. 

Que contentos quedaron ao recibir este bonito detalle doutro compañeiro/a!






Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, desexámosvos a todos un…


(Postal creada por Silvana, de 5ºEP)


venres, 9 de decembro de 2022

A PALABRA DO ANO

 A Real Academia Galega, como cada ano nestas datas, propón unha votación para seleccionar a PALABRA GALEGA DO ANO.

Dende o centro quixemos participar nesta proposta. Para iso, realizamos previamente unha votación na escola das catro palabras escollidas polos alumnos e alumnas:

CHAFALLADA - ESTRELA - XOANIÑA - FARANGULLA

A palabra gañadora na escola foi ESTRELA, coa que participamos na actividade da RAG.



FESTA DOS MAIOS

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA! O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comuni...