mércores, 9 de novembro de 2022

CONTOS DE MEDO polo Samaín

 Ola de novo!

Rematou outubro…o que significa que chegou o día máis terrorífico do ano…O SAMAÍN!!

Para celebralo, ademais de outras actvidiades como as merendas terroríficas ou os disfraces o venres 28…cada aula creou o seu propio CONTO DE MEDO!

Estes fixéronse dunha maneira especial…pois trátanse de contos encadeados, é dicir, cada alumno e alumna inventa unha parte, relacionada co que escribiron antes os seus compañeiros/as.

Que conto dará máis medo??? Podedes lelos todos pinchando na seguinte imaxe!



domingo, 6 de novembro de 2022

FROITOS DE OUTONO

Dende o departamento de galego queremos presentarvos os froitos, as verduras e as flores típicas deste tempo de outono. Hai curiosidades, anécdotas e beneficios para a nosa saúde e espíritu. Desexamos que vos guste

venres, 14 de outubro de 2022

A NOSA LINGUA GUAPA

 

A orixe da nosa lingua guapa

Unha meiga, unha profesora e un grupo de nenas e nenos ben espelidos protagonizan do CPI Santa Lucía de Moraña a primeira película de ficción da Real Academia Galega, baseada en feitos abraiantes pero reais como a vida mesma. Non perdades a fascinante historia do nacemento dun idioma especial coma ningún outro, porque sodes vós as persoas que tendes o superpoder de seguir a darlle mil primaveras máis de vida! Só tendes que berrar e practicar este retrouso máxico: Nós, en galego! A nosa lingua guapa!

Para máis información e ver o video ide a https://primaveradasletras.gal/lingua-guapa/curtametraxe


venres, 27 de maio de 2022

17 DE MAIO: O DÍA DA NOSA LINGUA


            



O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

 

Ata 2022, ano dedicado a Florencio Delgado, 62 autores (5 mulleres e 57 homes) foron homenaxeados nas 60 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).


Como o festexamos no cole?


Pois con moita música e baile tradiccional, e sobre todo a través dun divertido xogo. Os nenos e nenas do CEIP Daría percorreron todos os lugares do cole en busca de pistas e probas. Todas elas axudaron aos nosos nenos a facer un percorrido pola historia da nosa lingua dun xeito entretido e motivador. Aquí vos deixamos unhas imaxes:














FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS  A TODAS E TODAS!


martes, 22 de marzo de 2022

Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira

 No CEIP Daría somos ben festeiros.... O meco mandou, e nos obedecemos.


E por suposto, o Entroido quedou ben traballado e celebrado. 

Este ano os disfraces inspiraronse na temática do mar: VIKINGOS, PIRATAS, ANIMAIS MARIÑOS, BUZOS E REDEIROS animáronse coa festa, bailaron coa música, beberon un chocolate quente acompañado dunha bica. Aquí queda algún recordo:









martes, 22 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO: O DÍA DE ROSALÍA

 




Con motivo da celebración do aniversario de Rosalia de Castro, os nenos e nenas de 2º ciclo gravaron un pequeno vídeo sobre a biografía da poetisa galega.




martes, 25 de xaneiro de 2022

Polo pan baila o can: Visita ao Mercado Municipal de Pontevedra.

 O mércores 19 de xaneiro os nosos nenos e nenas foron de visita ao mercado de Pontevedra.













































Aprenderon sobre as carnes do porco, a tenreira...


O peixe e o marisco...


Os queixos de Galicia... Incluso o que é a denominación de orixe!




E rematamos con un concurso de "Saber e gañar":




Pasámolo en GRANDE! Pero eso sí, marchamos de alí cunha fame...


Como nos gustan as saídas fora do cole!

FESTA DOS MAIOS

CELEBRAMOS A FESTA DOS MAIOS NO DARÍA! O xoves 30 de abril  celebramos a festa dos Maios no cole. Contamos coa colaboración de toda a Comuni...